POBRA> Os comercios participantes ofrécennos, un ano máis, suculentos descontos. A inauguración será o venres día 1 ás 20:30 horas.
Esta próxima fin de semana, o 1, 2 e 3 de agosto, a praza pobrense do Emigrante acollerá a terceira edición de Comercio na Rúa, unha iniciativa do Centro Comercial Aberto Deán e na cal colabora tamén o concello da Pobra. O obxectivo deste evento é dar a coñecer ós produtos, animar o ambiente da vila e potenciar as ventas achegándolle ós artigos ós clientes Na edición deste ano haberá casetas individuais para cada comercio e sumarán a vintena. Haberá tamén representación de diversos sectores. O horario verase ampliado este ano. Ofrecerase o servizo ininterrompidamente desde as once da mañá ata as 12 da noite, aínda que a caseta hostaleira dos cócteles fai entrever que o tempo se alongará na madrugada.