O PP paralizará as expropiacións da AC-305 se accede ó goberno

    reunionppac305_100_230109.jpgPOBRA> O voceiro parlamentario do PP mantivo unha xuntanza cos afectados polo proxecto de mellora na estrada AC-305.

    {flowplayer}barbanza/reunionppac305.flv{/flowplayer}

    Consenso. Iso é o que reclaman dende o PP á hora de facer as obras baseadas no diálogo cos veciños. Por elo, os representantes do goberno local da Pobra e o deputado parlamentario, Manuel Ruíz, convocaron ós veciños afectados polo proxecto que Política Territorial vai acometer na estrada comarcal AC-305 ó seu paso polo termo municipal pobrés.

    Compromiso

    No caso de que os populares gañen as eleccións autonómicas do próximo 1 de marzo e asuman novamente o control da Xunta comprometéronse a paralizar esta actuación e retomar o proceso tentando minimizar as afectacións e consensuando a actuación cos propietarios.

    Aposta polo diálogo

    Dende o executivo pobrés queren deixar claro que non se opoñen á realización da obra posto que consideran necesario incrementar a seguridade vial neste treito pero apostan polo diálogo, tal e como fixeron noutras actuacións que se levaron a cabo no municipio.

    Pola súa banda, os veciños, a pesar de que accederon a firmar as actas de expropiación, quixeron deixar clara a súa oposición manifestándose ás portas da casa consistorial durante os tres días que durou o proceso esixindo a dimisión da Conselleira de Política Territorial.

    Redacción Barbanza