BARBANZA> A maioría dese total de ingresos atópase en hospitalización convencional, e tan só dez seguen en unidades de coidados críticos.
O último parte do COVID-19 na área sanitaria Santiago-Barbanza deixa un resultados para a esperanza. A día de hoxe tan só hai 95 pacientes hospitalizados por esta doenza. 85 deles en planta, ben no Hospital Clínico e na residencia integrada Porta do Camiño, ou ben no Hospital da Barbanza e na Policlínica A Rosaleda. Tan só dez dese total de ingresos se atopan en unidades de coidados críticos. O número de altas acumuladas nesta área sitúase nas 307. Precisamente unha das últimas a que se producía a última hora da tarde de onte no Hospital da Barbanza. A paciente deixaba o centro hospitalario despois de superar a enfermidade entre os aplausos do persoal asistencial. Agora son só seis o número de ingresos neste hospital.
En canto as PCR realizadas, a cifra de probas avanza tamén significativamente, situándose xa nas 14.423.