Amigos de Galicia recibe unha axuda para alimentar ós cativos

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/31/amigos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/31/convenio_viaqua.mp4{/flowplayer}

VILAGARCIA> A Fundación Amigos de Galicia recibiu hoxe unha nova achega económica de 12.000 euros aportada solidariamente pola empresa Viaqua. Uns cartos que irán destinados a cubrir as necesidades alimenticias dos rapaces. A Fundación Amigos de Galicia recibiu hoxe unha nova achega solidaria: 12.000 euros cos que a empresa Viaqua quere axudarlles na súa labor de alimentar ós máis pequenos; especialmente aqueles que se quedan en estío sen poder acudir ós comedores escolares. Con estes cartos mercarán , fundamentalmente, polo, tenreira, ovos e salchichas a empresas galegas de confianza. Estes productos irán destinados principalmente ás cidades galegas; e chegarán ós fogares dos dous mil nenos que atenden directamente desde esta asociación. Unha cifra de cativos necesitados que está moi lonxe de ser a real. Estas necesidades alimenticias nos cativos non son cousas doutros tempos ou doutros lugares: na Arousa tamén están a combater esta lacra con paquetes alimenticios que cobren tódalas súas necesidades diarias. Desde a Fundación Amigos de Galicia salientan o alto grao de solidariedade das empresas da contorna; moi por riba do da cidadanía en xeral, que é aínda reticente a achegarse a colaborar ó descoñecer o funcionamento real desta ONG. Nestes últimos meses que baixou o paro nesta Fundación constataron un moi tímido descenso da demanda da súa axuda. Un dato esperanzador aínda que de momento pouco significativo.