A folga de RENFE a penas ten repercusión nas Rías Baixas

PONTEVEDRA> A primeira xornada de folga nos trens de RENFE en Galicia a penas tivo repercusión efectiva no transporte de pasaxeiros por ferrocarril. O sindicato convocante Comisións Obreiras vótalle á culpa ó descolgue dos demais sindicatos e ós servicios mínimos abusivos impostos por Fomento.

Xornada tranquila hoxe nas estacións de Ferrocarril das Rías Baixas na primeira quenda de folga dos trens de RENFE e ADIF. O convocante da xornada de hoxe foi Comisións Obreiras e mañá serán o Sindicato Ferroviario e a CGT. Desde Comisións Obreiras detallan os motivos desta folga neste comezo de período vacacional: piden que Fomento cree máis prazas de traballo público para afrontar a actual carga de traballo crecente ca que contan as liñas de ferrocarril. Desde Comisións denuncian que os servicios mínimos fixados no 77 % nos trens AVE, o 60 % en media distancia e o 50% en cercanías son abusivos; e con eles a presión que poden chegar a exercer con esta folga é moi pequena. Nas estacións os pasaxeiros acusaban falta de información pero na práctica constataban como a penas se suspenderon trens. A reacción dos usuarios ante a folga foi desigual: uns denunciaban que sempre son os viaxeiros os que sofren as consecuencias en datas de máxima necesidade de viaxar; namentres outros, pola contra, entendían que é o medio de protesta máis efectivo para os convocantes.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/31/estacion.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/31/folga_renfe.mp4{/flowplayer}