Caixanova e Concello traen a Vilagarcía a obra ‘Fuenteovejuna’

030309_fuenteovejuna_vilagarcia100.jpgVILAGARCÍA> Trala súa estrea nacional en Vigo, ‘Fuenteovejuna’ chega ó Auditorio de Vilagarcía o vindeiro sábado ás nove da noite.

{flowplayer}images/salnes/030309_fuenteovejuna_vilagarcia.flv{/flowplayer}

VILAGARCÍA> Trala súa estrea nacional en Vigo, ‘Fuenteovejuna’ chega ó Auditorio de Vilagarcía o vindeiro sábado ás nove da noite.

Máis dunha quincena de actores da compañía Rakatá interpretarán unha das obras de teatro máis destacadas do Século de Ouro español. Un clásico adaptado ós tempos modernos. Con esta representación Vilagarcía súmase ós actos de celebración do Ano Lope de Vega, no que se lembra a este poeta e dramaturgo madrileño de principios do século dezasete. O director británico Lawrence Boswell está á fronte da montaxe.

Caixanova colabora co concello de Vilagarcía na programación desta obra. As entradas, que oscilan entre os 11 e os 15 euros, xa se poden adquirir a través da web de Caixanova, no teléfono 902 504 500, ou o mesmo día da representación na billeteira do Auditorio.

Redacción Salnés