O alcalde de Rianxo reclámalle á Xunta a construción de beirarrúas entre Burés e Araño

RIANXO> Segundo o rexedor trátase dunha demanda histórica plantexada en numerosas ocasións, pero que a día de hoxe aínda non foi atendida pola Administración Autonómica.

É unha vella demanda do Concello, pero tamén o é dos veciños do Araño e Burés, que dende hai tempo veñen reclamando a construción de beirarrúas nalgunha das dúas marxes da estrada AC-305 ó seu paso por estes dous núcleos.

O alcalde mantivo recentemente un encontro co director da Axencia Galega de Infraestruturas para volver a reiterarlle da necesidade de acometer esta actuación nun vial no que as competencias son da Xunta de Galicia.

O rexedor tamén lle trasladou ós responsables de Infraestruturas da necesidade de acometer outra actuación semellante noutro tramo desta mesma estrada, neste caso nas coñecidas como curvas da Casilla, un punto negro, no que se producen numerosos accidentes, entre as parroquias do Araño e Taragoña.