Arranca a ‘Operación Saída’ co prezo de carburante máis baixo de xullo

    BARBANZA> A operación saída comeza con cantidade de condutores pendentes da oscilación do prezo dos carburantes.

    Encher o depósito hoxe sae unha media de 3 euros máis económico que o ano pasado nas mesmas datas, non obstante moitos consideran que en agosto a cousa vai cambiar. O prezo dos combustibles encadea catro semanas de descensos, pero aínda así a opinión unánime e que pagamos valores disparatados. En tempos de crise hai que estirar o peto para saír de vacacións. Moitos dos afortunados indican que comparan habitualmente os prezos entre as diversas estacións co obxectivo de aforrar uns euros, sobre todo nas longas viaxes que se fan estes días. Nas comarcas de Barbanza e Muros Noia o diésel situouse hoxe entre o 1,349 e 1,37; a gasolina entre 1,40 e 1,43. Os turistas procedentes doutras partes da xeografía española consideran que na comunidade galega estamos a pagar máis.