Unha nova promoción da policía infantil patrullará as rúas de Ribeira este verán

    RIBEIRA> A partir deste sábado as rúas do concello de Ribeira estarán ben vixiadas, como cada verán, da man dunha nova promoción da Policía Infantil. Os novos membros tomaron posesión do seu cargo. Nervios e emoción entre os rapaces e rapazas da vixésimo primeira promoción deste particular corpo de policía. Os nenos patrullarán as rúas informando aos viandantes sobre a localización das diferentes rúas, e alertarán á policía local de posibles infraccións que poidan observar. As nais e pais dos novos policías, non quixeron perder este momento crucial na carreira policial dos seus pequenos, que nalgúns casos, van xa pola terceira xeración. Asegúrense ben os ribeirense de ser cívicos na rúa, xa que Policía Infantil comezará o seu servizo este sábado en Aguiño.