PORTO DO SON> Recollendo as propias demandas dos veciños, o edil de Porto do Son, Javier Quiñoy, vén de presentar unha serie de solicitudes ó proxecto de mellora do trazado na estrada provincial 7.103 de Laranga a Olveira por Seráns, actualmente en execución. Quiñoy considera necesario que se inclúan novas actuacións no vial, como é o caso da construción de beirarrúas a todo o longo da estrada, a instalación da rede de saneamento e abastecemento de auga, así como iluminación axeitada. O edil independente pide tamén que se garantice o acceso rodado ós garaxes e ás vivendas e se instale tamén a correspondente sinalización viaria. As súas demandas van dirixidas tanto ó concello sonense como á Deputación da Coruña, titular da estrada c, para que as teñan en conta nos seus respectivos orzamentos, ó tratarse de dúas parroquias cun importante número poboacional como son Xuño e San Pedro de Muro.
Inicio Barbanza - Muros - Noia