RIANXO> Rianxo converterase de novo na capital do jazz galego coa cuarta edición do seu festival. Ademais dun amplo cartel de concertos haberá actividades paralelas como o curso de Big Band ou o monográfico de baile de swing.
A aposta da Escola de Música de Rianxo materializouse na creación da Big Band e a posta en marcha do festival de Jazz, consolidada xa no panorama galego.
Será a Big Banda a encargada de abrir o ciclo cun concereto o próximo martes día 30. Completan o cartel Simón García Quartet, o Quinteto Marcel Pascuel e a banda compostelá Sar Swing que porá o broche final ó festival o próximo venres.
Entre esas actividades paralelas, figuran o curso de Big Band que se desenvolveu durante todo o mes de xullo, unha jam sesión aberta ou un monográfico de swing a cargo do taller alecrín.











