As barras exteriores abrirán en San Roque ata pasadas ás cinco

    VILAGARCIA> Os hostaleiros de Vilagarcía poderán abrir as barras á noite de San Roque ata pasadas as cinco e media da mañá e poderían pagar por elas menos dos 300 euros que abonaban ata o ano pasado. Estes son os acordos máis salientables ós que chegaron onte co Concello atallando así a polémica das últimas semanas.

    AHITUVI ven de reunirse co Goberno Local de Vilagarcía co fin de atallar a polémica xerada nas últimas semanas en torno ás Festas de San Roque. Tras dialogaren, ámbalas dúas partes acordaron o horario de apertura das barras exteriores dos locais, que de novo só poderá ser unha por negocio cun máximo de longo da fachada de cadanseu local. Aínda que ás catro da mañá nestas barras exteriores apagarase a música para minimizar as molestias ós veciños. Amais, tódalas bebidas serán servidas esa noite no exterior con vasos de plástico para optimizar a seguridade na zona. Un floco que quedou pendente desta última reunión foi a taxa que deberán abonar os hostaleiros por cada barra. Desde AHITUVI piden unha rebaixa no prezo. Os hostaleiros vilagarciáns piden tamén que se extreme a vixilancia sobre os postos de comida e bebida itinerantes ilegais que se adoitan instalar por varios lugares da Cidade. Preguntamos a Roberto Gerpe pola suxerencia do Concello de que fosen eles os que asumisen a xestión das festas gastronómicas ocasionais que se celebran no centro de Vilagarcía en verán, a beneficio de clubs e asociacións locais. Desde AHITUVI entenden que estas feiras supoñen unha seria competencia desleal para eles.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/31/gerpe.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/31/hosteleiros_vilagarcia.mp4{/flowplayer}