A Deputación da Coruña construirá unha nova ponte entre Aldea Grande e o Couto

    LOUSAME> A actuación virá a mellorar a seguridade do tráfico na zona, ó tratarse dun dos puntos negros da rede viaria do municipio. A Deputación da Coruña investirá máis de 267 mil euros na construción dunha nova ponte na estrada DP-4202, entre Aldea Grande e O Couto. O proxecto foi recentemente aprobado por unanimidade na comisión de Vías e Obras e será ratificado pola Corporación Provincial na sesión plenaria prevista para este próximo venres. A actuación virá a dar resposta a unha vella demanda dos usuarios deste vial, xa que permitirá ampliar considerablemente a plataforma actual da ponte sobre o río Pesqueira, pasando dos cinco metros de ancho ós doce. Coa obra mellorarase tamén a seguridade viaria na zona, coa construcción de beirarrúas, xa que a estrada carecía delas.