Os sanitarios aseguran que o Hospital do Salnés está saturado

    VILAGARCIA> Varios traballadores do Hospital do Salnés concentráronse esta mañá ás portas do centro para reclamar á Consellería de Sanidade que reabra a terceira planta e que comece a cubrir as baixas de persoal. Denuncian que a cargo de traballo se lles fai insoportable e que está a repercutir directamente nos doentes.

    A saturación do Hospital do Salnés está a esgotar os límites dos traballadores do centro. Aseguran que desde fai máis de quince días a cantidade de doentes que se acumulan está desbordar ós profesionais, o que redunda na calidade asistencial que poden prestar. Estes traballadores contradín a versión oficial da Consellería de Sanidade na que argumentaban que eran situacións puntuais. Aseguran que o overbooking estase a converter en crónico neste centro hospitalario. É mais, estes traballadores aseguran que os enfermos de coidados paliativos non teñen espazo para a privacidade requerida pola súa doenza; os pacientes recen operados teñen que agardar para ser subidos a planta e as nais están a compartir habitación con outras nais, e agora mesmo comparten zona de hospital, que non habitacións, con persoas aqueixadas doutras doenzas. En urxencias a situación non é mellor tampouco. Estes sanitarios aseguran que o Hospital segue traballando con relativa normalidade grazas ó esforzo dos traballadores; unha capacidade que ten límites e que aseguran que están a piques de esgotarse. Piden polo tanto reforzos; que a Consellería mobilice a toda esa xente que está nas listaxes de agarda esperando para poder traballar e con dispoñibilidade inmediata. Estes empregados do Salnés están á expectativa do que lles vai a deparar esta fin de semana de múltiples e multitudinarias festas en varios puntos da comarca.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/01/HOSPITAL.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/01/protesta_hospital_Salnes.mp4{/flowplayer}

    Comments are closed.