A Denominación de Orixe Rías Baixas agarda chegar o luns ata os 39 millóns de quilos de uva recollidos

MEIS> A denominación de Orixe Rías Baixas agarda chegar aos 39 millóns de quilos de uva colleitados o vindeiro luns. Así o anunciou o secretario xeral da DO durante do presidente da Xunta a un dos viñedos de Martín Códax que están realizar a vendima. Alfonso Rueda puxo en valor a a importancia do sector vitivinícola para xerar dinamismo e emprego no ámbito rural.

Coa previsión de climatoloxía favorable, a vendima avanza a bo ritmo cara o final da campaña. Segundo indican dende a DO polo de agora as adegas levan recollidos 24 millóns de quilos de uvas. Unhas cifras que poden chegar aos 39 millóns de quilos o vindeiro luns.

O secretario deu as cifras na visita que fixo esta mañá o presidente da Xunta a un dos viñedos de Martín Códax no concello de Meis. Alfonso Rueda destacou a importancia do sector para dinamizar a economía e xerar emprego no rural.

Na visita tamén estivo presente a alcaldesa de Meis. Marta Giráldez destacou a importancia para a vila do sector vitivinícola e pediu que se solucionen as concentracións parcelarias.

Tanto o presidente da Xunta como o Conselleiro do Medio Rural consideraron que a concentración parcelaria é importante para que o sector continúe crecendo.

Pola súa parte, dende a adega Martín Códax destacaron a importancia de que os representantes políticos visiten os viñedos para coñecer de primeira man como traballo sector.

O presidente da Xunta destacou nese sentido os 3,4 millóns de euros destinados ao sector no 2021. Un sector que xera en Galicia 230 millóns de euros anuais e dando traballo a 10 mil persoas nas máis de 500 adegas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí