As nenas e nenas de Vilagarcía homenaxean con música e poemas a Florencio Delgado

VILAGARCÍA> Os nenos e nenas de Vilagarcía renden homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán no día previo ás letras galegas. Os escolares dos centros O Piñeiriño, San Francisco, A Lomba e IES Castro Alobre realizaron diferentes actuacións como recitar poemas do escritor homenaxeado ou cantar cancións tradicionais galegas. Dende os colexios destacan a importancia de realizar estas iniciativas para fomentar o uso do galego entre os máis pequenos.

Os nenos e nenas de Vilagarcía celebraron este luns o día das letras galegas para homenaxear a Florencio Delgado Gurriarán. Nun acto celebrado no auditorio, os escolares dos centros O Piñeiriño, San Francisco, A Lomba e IES Castro Alobre realizaron diferentes actuacións como recitar poemas do escritor homenaxeado ou cantar cancións tradicionais galegas.

Os nenos e nenas de diferentes idades estiveron durante as últimas semanas preparando as súas actuacións.

Dende os centros destacan a importancia de realizar estas actividades para fomentar o idioma galego entre os nenos e nenas.

Un idioma que cada vez se fala menos entre os máis pequenos.

As mestras sinalan que a influencia de internet cada vez máis presente na vida dos nenos e nenas fai máis complicado que falen en galego, xa que todos os contidos que reciben son en castelán. De aí que actividades como esta lles axude a falar o súa lingua a través da cultura con poemas e cancións.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí