Cambados e Ribadumia unidos na mellora dos seus polígonos

    O concello de Cambados e o de Ribadumia presentaron esta mañá as obras que realizarán nos seus polígonos coas axudas que para este obxectivo outorga a Xunta de Galicia. Unha subvención que un ano máis agardan recibir de xeito conxunto. A cercanía entre os polígono de Ribadumia e Cambados, é tal, que prácticamente non hai separación entre eles. Por iso, este ano os dous concello repiten á hora de pedir de forma conxunta as axudas necesarias ó goberno autonómico para realizar melloras nestes espazos industriais do Salnés. En total, a inversión que calculan, e só á espera da confirmación definitiva por parte da Xunta, será dun total de 180.000 euros. Dos cales 76.000 irán destinados a melloras na sinalización e asfalto do polígono de Cambados. No acto que tivo lugar esta mañá no Viveiro de Empresas de Cambados, desde este concello anunciaron tamén que as rúas do polígono levarán nomes de mulleres galegas relevantes en distintos sectores da sociedade. Pola súa banda, desde o concello de Ribadumia explicaron esta mañá, no acto de presentación que tivo lugar no Viveiro de Empresas de Cambados, contan co 103.000 euros da axuda autonómica. Do total da inversión, desdes 180.000 euros, a Xunta faise cargo do 95 por cento, e os concellos do 5 restante. Se todo segue segundo o previsto e as axudas chegan tal e como se agarda, estímase que para o mes de outubro estén realizadas estas melloras. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/21/obras_poligono_ribadumia_cambados_21032017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/21/obras_poligono_ribadumia_cambados_21032017.mp4{/flowplayer}