Comezan as mobilizacións na atención primaria, previas á folga do día 26

VILANOVA> Primeira das tres xornadas de concentracións diante dos centros de saúde e PACs de toda Galicia en defensa da atención primaria, pola falta de persoal e a incapacidade de xestión da Xunta. En Vilanova, por exemplo, estiveron presentes representantes da CIG, CSIF, CCOO e UXT. Os catro sindicatos van da man nestas protestas, que repetirán este mércores e xoves. Son mobilizacións previas á folga que convocaron para o vindeiro día 26.

A proposta da Xunta para reorganizar a atención primaria suscita un rexeitamento xeralizado. CIG, CSIF, CCOO e a UXT van da man para visibilizar a súa negativa ante o que consideran un ‘momento crítico’ crítico para a atención primaria. Hoxe iniciaron as súas mobilizacións diante dos centros de saúde e PACs de toda Galicia, como aquí en Vilanova.

E ante a falta de avances organizaron estas mobilizacións, que repetirán tamén este mércores e xoves, na previa á folga que convocaron para o día 26. Lamentan que nas negociacións as promesas non pasen de aí.

Unha folga que sustentan en ata 13 reivindicacións para todo o persoal, non só o facultativo.

Entre os puntos que teñen sobre a mesa, salienta actualización do modelo retributivo, a dotación e renovación de recursos materiais a centros de saúde e PACs, un estudo da carga asistencial dos PACs ou unha redución da xornada a todo o persoal de atención primaria

A Consellería de Sanidade pola súa banda, para facilitar as negociacións, está disposta a retirar o documento de medidas para a atención primaria que levou á mesa sectorial de outubro e que motivou a convocatoria de folga por parte das centrais sindicais.