O Grove presume de conxunto escultórico en Punta Moreiras

    O GROVE>O Grove conta cun novo polo de atracción turística: o conxunto escultórico de Punta Moreiras. Neste enclave xa de por si privilexiado, a Deputación de Pontevedra instalou 42 pezas creadas pola Escola de Canteiras creando un entorno que paga a pena visitar.

    Hoxe inaugurouse en Punta Moreiras o novo roteiro e conxunto escultórico, situado á beira do Museo de Salazón do Grove. Neste espazo dispuxéronse 42 esculturas feitas en granito galego polos alumnos da Escola de Canteiros de A Caeira, en Pontevedra. Están repartidas ó longo destes camiños sinalados con cunchas de vieira en cinco fases segundo a temática. Para a Deputación de Pontevedra e o Concello do Grove este é o mellor enclave para homenaxear á xente do mar e dinamizar este espazo para o turismo que noutrora, fai dous séculos, rexurdiu ó ritmo da industria do salazón. Esta non será a última actuación en Punta Moreiras, posto que a intención do Consistorio é acometer unha segunda fase das sendas e, se se pode, crear unha casa mariñeira no que era a escameira. A Deputación, pola súa banda, baralla a posibilidade de ampliar o acceso rodado a este lugar.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/05/punta_moreiras1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/05/punta_moreiras.mp4{/flowplayer}