![]()
O GROVE > A Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servicios asinou hoxe un convenio de integración desta asociación…
… no Consorcio de Empresarios Estación Náutica Rías Baixas. Un acordo que suporá a promoción destes enclaves de xeito internacional, ó tempo que se promocionan como destinos turísticos fóra de tempada, grazas á súa vinculación ás actividades náuticas.
En virtude deste convenio, O Grove e por extensión ás comarcas das Rías Baixas estarán presentes nas feiras internacionais máis prestixiosas. Unha situación, que desde Emgrobes agardan a que sirva para animar a máis socios á adherirse.
Esta sinatura tivo como testemuñas directas ó alcalde local, José Antonio Cacabelos e o tenente de alcalde, Alfredo Bea, entre outros, nun acto que tivo lugar esta mediodía na Illa da Toxa.
Redacción Salnés








