O goberno de Vilagarcía visitou este martes Castroagudín

    VILAGARCÍA> A Consellería de Medio Rural informou este martes de que o lume iniciado no termo municipal de Caldas de Reis, xa está extinguido. Un lume que tamén afectou a próxima Vilagarcía, polo que o alcalde e membros do goberno municipal visitaron a zona afectada.

     

    O alcalde de Vilagarcía e parte do seu equipo de goberno visitaron este martes a parroquia de Castroagudín. Unha das zonas máis castigadas polo lume que se rexistrou este luns en Caldas de Reis, e que afectou a este lugar ata o punto de ter que desaloxar as vivendas pola proximidade das lapas as casas.

     

    O lume iniciouse na tarde de onte e quedou estabilizado na mañá deste martes.

     

    Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é dunhas 290 hectáreas. No seu control traballaron entre outros, 16 motobombas, 11 helicópteros e  2 avións.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/09/visita_goberno_villa_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/09/visita_goberno_villa.mp4{/flowplayer}