Rías Baixas equilibrados pero sen ‘súper estrelas’ por mor da colleita

    CAMBADOS> O complexo da colleita do 2013 en Rías Baixas deixou viños equilibrados grazas ó bo facer dos adegueiros pero non elaboracións impactantes, que sorprendan e cautiven ós padais máis profesionais. O veredito dos catadores que examinaron os 65 viños que este ano se presentaron ó Concurso da Festa do Albariño non pode ser máis claro. As cousas estanse facendo ben pero non hai que acomodarse, sobre todo ante campañas como a presente, que parece que será máis curta que a pasada. Viños equilibrados grazas ó bo facer dos adegueiros de Rías Baixas, pero ningún impactante. É a consecuencia, segundo os expertos, do accidentado da última colleita en Rías Baixas. Así se reflictiu nos exames que o xurado da Cata Concurso Rías Baixas Albariños realizaron ás 65 marcas da DO que se presentaron ó certame. O difícil da última colleita parece que se repetirá este ano. As primeiras previsións dos técnicos apuntan a unha baixada de entre un 20 e un 40 por cento na produción con respecto ó 2013. Os corrementos de floración e a incidencia do mildiu están a marcar esta campaña. Os expertos insisten en que o éxito dunha Denominación de producións tan reducidas como Rías Baixas é só ir a baixos volumes pero que salienten pola súa calidade. Segundo os catadores, en Rías Baixas estaríanse a seguir dúas tendencias nas elaboracións de viños, sempre partindo dunha materia prima excelsa. Os resultados, diverxentes. No que non hai dúbida é de que se parte dunha materia prima como moitísimo potencial. Á uva albariña aínda lle queda moito por dar. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/05/retosriasbaixas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/05/RETOS_RIAS_BAIXAS.mp4{/flowplayer}