O goberno de Sanxenxo comeza a negociación do convenio colectivo do persoal laoral de Terra e do Concello

    SANXENXO> O goberno de Sanxenxo convocou aos representantes sindicais para constituír a Mesa de Negociación dos traballadores do Concello. Unha reunión que se prolongou máis do previsto, e que rematou con visións diferentes da mesma por parte dos traballadores e do equipo de goberno da vila. Os representantes sindicais dos traballadores do Concello de Sanxenxo foron citados esta mañá dende o consistorio para constituír a Mesa de Negociación dos traballadores do concello e a do Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo. Unha reunión que finalmente durou algo máis do previsto. O consistorio negociará de maneira simultánea ambos convenios colectivos, de forma que os máis de 120 traballadores do Organismo Autónomo Terra Sanxenxo poidan dispoñer por primeira vez dun convenio colectivo, e os case 60 traballadores que integran o persoal laboral do Concello poidan actualizar o seu, vixente dende o 2005. Os traballadores non ven clara esta postura do concello, e solicitan a creación dun único convenio para todos. Unha posibilidade que a edil de Persoal desbotou pola complexidade de cada grupo de traballadores, e insistiu en que o único interese e a defensa dos intereses xerais do Concello. A próxima reunión entre os representantes dos traballadores e o goberno local terá lugar en 15 días. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/16/convenio_colectivo_sanxenxo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/16/convenio_colectivo_sanxenxo.mp4{/flowplayer}