O Umia recupera a normalidade

    SALNÉS > O río Umia recuperou a súa normalidade. Así o confirmou o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez. Os alcaldes da Mancomunidade do Salnés, representantes da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia avaliaron con optimismo os resultados das últimas análises realizadas. Esta semana o río quedará liberado dos diques e no plazo dun mes coñecerase a proposta de recuperación integral do Umia.

    manuelvazquez_alcaldes_300_021006.jpgNa xuntanza mantida este luns coñecéronse os últimos datos arroxados polos informes do centro superior de investigacións, que non poden ser máis positivos: os fondos das ribeiras e os sedimentos no Umia están dentro da normalidade. Esquécese así unha hipótese de traballo barallada inicialmente: xa non será necesario limpar os fondos do río porque non hai depositado ningún producto contaminante. Agora retómase o punto cero no río: retirarase todo o operativo, liberarase o cauce e garántese que non existen restos contaminantes.

    Dende a consellería son conscientes de que o Río Umia volve ó seu estado primitivo, que non é bo. Por eso, é necesario seguir traballando. A Consellería de Medio Ambiente coñecerá unha proposta coa que se garanta o abastecemento fóra do cauce. O director xeral de augas abordará agora a liberación dos diques en todo o río, que probablemente se leve a cabo ó longo desta semana. Polo momento, o abastecemento seguirá sendo por tubería.

    Redacción Salnés