VILAGARCÍA > A Deputación de Pontevedra presentou no Centro Comarcal Exposalnés o plan estratéxico provincial 2.010. Tratase dun proxecto no que se inclúen plans de accións como son a competitividade, a cooperación local e a innovación. Un plan participativo no que colaboraron todos os concellos da provincia.
O plan Estratéxico 2.010 é un instrumento de cohesión territorial e de fixación de obxectivos que permitirá racionalizar as inversións públicas e realiza-las en base a criterios obxectivos. As medidas prioritarias para a provincia establece catro niveis principais:a competitividade provincial no que destaca a promoción do solo industrial, o ferrocarril de cercanias e un plan desenvolvemento das tecnoloxías da información e do coñecemento e da informatización municipal. A segunda medida é a cooperación local, priorizando o fomento da planificación urbanística municipal e un plan de xestión do ciclo integral da auga. No apartado de Patrimonio e Identidade destaca a creación dunha rede de parques naturais e na infraestructura social o plan recomenda a capacitación do movemento asociativo. O plan estratéxico foi elaborado pola Escola de Negocios Caixanova.
Dentro do Plan estratéxico a comarca do Salnés configúrase como peza clave das actuacións previstas para potenciar o Patrimonio e a Identidade da Provincia de Pontevedra. Neste capítulo destacase a potenciación do Parque Nacional das Illas Atlánticas para crear unha rede provincial de parques naturais locais, a restauración do patrimonio arquitectónico da comarca e a recuperación dos bordes marítimos.
Redacción Salnés