Ribeira reabre o comedor social para drogodependentes

    RIBEIRA> Funcionará durante o mes de agosto, ao igual que o ano pasado.

    Agosto é un mes complicado para moitos pacientes drogodependentes porque Cáritas, e outras entidades que os axudan durante todo o ano, pechan as súas portas deixando de cubrir as súas necesidades. Co obxectivo de poñer remedio a esta problemática, o concello de Ribeira abre, por segundo ano consecutivo, un comedor social durante todo o mes de agosto. Desde a súa apertura, o pasado luns, está prestando servizo diario a 12 persoas. Unha vez concluído agosto, non se descarta ampliar a oferta de comedor social se sigue existindo demanda. Ó mesmo tempo, tamén con cargo ó plan municipal de emerxencia social e á Fundación Amigos de Galicia se está reforzando a alimentación daquelas persoas que non son pertencentes a Unidade Asistencial de Drogodependencia, pero que tamén precisan deste servizo.