Porto do Son acolle unha nova edición da Exaltación do Polbo

    PORTODOSON> A pulpería Veloso será un ano máis a encargada de cociñar o cefalópodo na vixésimo primeira edición da exaltación do polbo en Porto do Son.

    Porto do Son acollerá, este sábado día 9, unha nova edición da exaltación do polbo. Esta cita consegue reunir a cantidade de persoas, tanto da comarca coma de fóra, desexosos de desfrutar deste manxar da ría ó xeito máis tradicional, á feira. Dito evento gastronómico esta organizado exclusivamente polo concello, así o explicou o edil de turismo, Manel Deán. Desde o concello esperan repetir as cifras do ano pasado, que foron realmente positivas. Entre os asistentes vendéronse 2.000 racións, o que supón 800 quilos de polbo. Hai que sumar ademais 500 quilos de mexillóns e 60 empanadas. O prezo da ración, que se compón de polbo, mexillóns, empanada e viño roldará os 15 euros, ao igual que o ano pasado. E como non podería ser doutro xeito, haberá música para animar a xornada e outras opcións culturais. O goberno local mostrou o seu empeño en seguir potenciando o polbo e a súa exaltación, por estar tan ligados co pobo sonense. A festa comezará á unha da tarde na explanada portuaria.