A ampliación de Vista Alegre podería iniciarse no primeiro trimestre de 2011

    ampliacioncemiteriovistaalegre.jpgBOIRO> O  vindeiro sábado, ás seis da tarde, celebrarase na casa de cultura da Cachada, unha xuntanza informativa na que está previsto presenta-lo proxecto de ampliación.

    {flowplayer}barbanza/ampliacionvistaalegre.flv{/flowplayer}

    Despois de varios anos de retraso por problemas de distinto tipo, debendo superar innumerables trámites administrativos e burocráticos, o executivo local poderá levar a cabo dunha vez por todas este importante proxecto, como é a ampliación do cemiterio municipal de Vista Alegre. Debido á elevada demenda existente, con preto das trescentas solicitudes, o equipo de goberno celebrará este sábado ás seis da tarde na Cachada unha reunión á que están convocados todos aqueles veciños interesados. Na xuntanza tratarán de resolverse tódalas dúbidas existentes en relación a esta actuación na que se prevé construir uns 1.749 nichos, en panteóns de tres e catro alturas, sendo o prezo para cada un dos nichos de 1.646 euros. As distintas entregas económicas servirán para ir financiando as obras

    Primeiro trimestre de 2011

    O prazo da duración da concesión estará fixado en 75 anos, a contar a partir da data de outorgamento do dito contrato, sendo a elección dos nichos por parte dos solicitantes segundo a orde de entrada no rexistro. O custe total do proxecto ascende a preto dos tres millóns de euros e a intención do concello pasa porque as obras de ampliación poidan estar adxudicadas no primeiro trimestre de 2011.

    Redacción Barbanza