PORTO DO SON> A programación do entroido sonense arrancará o sábado 18 co concurso infantil de disfraces que se desenvolverá na fachada portuaria da localidade a partir das cinco da tarde.
Xa o luns 20 tocaralle a quenda ós adultos. Ás cinco e media abrirase co desfile para posteriormente celebrar o concurso de disfraces con premios en metálico para os mellores, tanto a nivel individual, como o de grupos e comparsas.
O martes 21 terá lugar tamén unha gran festa infantil de entroido no pavillón municipal de Santa Irene con inchables e xogos para os máis pequenos.
Xa o mércores 22 despedirase o entroido co tradicional enterro do Felipiño, que incluirá un desfile a partir das sete e media da tarde polas diferentes rúas da vila para rematar coa súa queima na zona do recheo portuario.