Aparcar en Fefiñáns conlevará sanción de 200 euros

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/08/fefinans.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/08agosto/08/aparcamentos_cambados.mp4{/flowplayer}

CAMBADOS> A partires da vindeira semana aparcar na Praza de Fefiñáns en Cambados conlevará sanción. A Policía Local avisa de que a partires do luns multará ós que estacionen neste emblemático lugar; unhas duras medidas contra as que protestan os comerciantes. A partir do luns será posible quitar fotos do Pazo de Fefiñans sen vehículos aparcados ó seu carón. Esto será debido á campaña de sancións que vai a emprender a Policía Local nesta Praza para evitar que se siga estacionando. Fai tempo que están as sinais postas que só permiten parar pero ate o de agora os axentes facían a vista gorda. A vindeira semana mudarán as cousas: quen aparque en Fefiñáns terá que facer fronte a unha multa de 200 euros, amais dos 50 euros de retirada da grúa. A única excepción aplicarase no espazo de terra que hai debaixo das árbores. Estas medidas non caeron nada ben entre os comerciantes que entenden que así queda o casco urbán con menos prazas de aparcadoiro. Zona Aberta reclama que cesen as hostilidades entre o Goberno municipal e o corpo local de seguridade. Piden unha reunión entre as partes co fin de buscar solucións á falla de espazo para aparcar en Cambados. Xa falaron da creación de bolsas de parking nas zonas da Rúa Nova, o Salnés ou a rúa Atlántico.Mentres estas non chegan pensan que as multas e a imposibilidade para aparcar están a afastar ós clientes. Respecto á peonización desta Praza, os comerciantes están divididos. Non saben de certo en que medida lles pode prexudicar ou beneficiar. Os turistas en cambio téñeno claro: non queren coches estacionados nin circulando por este lugar.