Caixanova trae o Ballet de San Petersburgo ó Auditorio de Ribadumia

caixanova100_ribadumia_010408.jpgRIBADUMIA > O Ballet de San Petersburgo, Berrobambám e Nancho Novo son as próximas actuacións que acollerá o auditorio de Ribadumia …

{flowplayer}images/salnes/caixanovaribadumia.flv{/flowplayer}

RIBADUMIA > O Ballet de San Petersburgo, Berrobambám e Nancho Novo son as próximas actuacións que acollerá o auditorio de Ribadumia. A oferta é posible grazas ó novo convenio asinado esta mañá pola alcaldesa Salomé Peña e Antonio Gómez, director de Relacións Institucionais da Obra Social de Caixanova. Ambos resaltaron a gran calidade destas actuacións.

Mañá sairán á venta as entradas para o Ballet de San Petersburgo que actuará o xoves 24 de abril ás oito e media da noite. O prezo será de 12 euros. Berrobambán traerá o seu espectáculo de teatro o 4 de maio, con entrada a 5 euros. Mentres que Nancho Novo virá o 15 de xuño e custará 9 euros. Concello e Caixanova destacaron os cheos que sempre acadan os espectáculos que chegan ó auditorio municipal a través destes convenios.

Redacción Salnés