BOIRO> Os boirenses estiveron a piques de dar a sorpresa e meterse nas semifinais do torneo, aínda que ó final perderon cos ferroláns por un gol a dous. Nunha tarde desapacible para a práctica do fútbol, o Club Deportivo Boiro caía derrotado no municipal de Vista Alegre ante o Racing de Ferrol por un gol a dous. Aínda así os de Gelucho deron a talla ante un rival de superior categoría, chegando mesmo a poñerse por diante no marcador cun tanto de Adrián Armental antes do descanso. Pero a ledicia no conxunto local non duraría demasiado. Xa que o cadro departamental conseguiría o empate un minuto despois dun tanto de Pablo, tras un erro do central Borja. No segundo tempo o Racing aumentou o ritmo de xogo e foise claramente a polo partido, tendo máis dominio do balón que o conxunto local. froito desa melloría dos visitantes chegaba o tanto da vitoria conseguido por Thiago a centro de Vela. Na recta final do encontro os boirenses tiveron que xogar ademais en inferioridade, despois de que o colexiado expulsara a Rubén Marquez, por dobre cartón amarelo. No cadro visitante hai que destacar a presenza do dianteiro Joselu, natural de Palmeira, ex do Compostela, máximo goleador da Segunda B o pasado ano, e que nas quinielas a principio de tempada mesmo soou como posible reforzo do Almería de Primeira División.
Inicio Deportes