O Portonovo asina un empate que case sabe a vitoria

portonovo_santacomba copia.jpgSANXENXO> Os de Jacobo Molina conseguen por primeira vez na tempada manter a cero a súa portería, o malo é que a do rival, o Santa Comba, tampouco encaixou goles. Primeiro punto como local que alimenta as ansias de recuperación.

{flowplayer}images/salnes/Portonovo.flv{/flowplayer}

O Portonovo conseguiu por primeira vez na temporada manter a cero a súa portería, o malo foi que a do rival tampouco encaixou goles. Aínda así o obxectivo de Jacobo Molina quedou cumprido e o balance foi positivo, primeiro punto como local e primeiro paso cara a recuperación. E todo iso tendo en conta que o once inicial do Portonovo presentou algunha que outra sorpresa. Con Fran Castaño no banquillo e Pablo Pérez fóra da convocatoria o turno foi de Adrián Escudero e Saky.

Despois da derrota do sábado contra o Mesón do Bento a preocupación fundamental dos locais era non repetir a situación e os 2 goles encaixados no primeiro cuarto de hora. Polo que centraron a súa atención en armarse ben defensivamente. Ó Santa Comba só lle quedou intentalo dende fóra de área aínda que de pouco lles valeu.

A única ocasión clara de gol dos locais tívoa Nel na primeira metade pero Diego puido desviar o esférico. A partir de aí só lles quedou aguantar pois oportunidades poucas máis. Iso sí non hai que esquecer que viñan de encaixar 17 goles en 8 partidos.

Un punto suma o Portonovo, suficiente para mellorar un pouco a súa imaxe aínda que non para abandonar o último posto da táboa.

Redacción Salnés