Derrota do Extrugasa na Eurocup ante o Gran Canaria

extrugasa.jpgVILAGARCÍA > Este resultado adverso (56-60) obriga ás vilagarciáns a remontar catro puntos no partido de volta para acceder ós oitavos de final.

Mal partido do Extrugasa, se se perdeu foi por méritos propios. O resultado fala ás claras do que foi o encontro: boas defensas e pésimos ataques.

Entre tanto despropósito xurdíu unha figura, a de Roneeka Hodges. A aleiro do Gran Canaria firmou 35 puntos e 6 rebotes cunhas porcentaxes espléndidas. Axudada por Tuukkanen con 17 tantos, fixeron entre as dúas 52 dos 60 puntos do seu equipo. Ahí estivo o pecado do Extrugasa, non saber aproveita-la súa teórica superioridade coma equipo e verse superado por dúas grandes xogadoras.

O marcador estivo moi igualado durante os corenta minutos, con pequenas vantaxes sempre para as visitantes. O Extrugasa controlou ben o rebote, sobre todo cando estivo Marina Kress en cancha. A bielorrusa foi a mellor do equipo pero cargouse de faltas; fixo a cuarta no minuto 23 e cando saíu no último cuarto cometeu rapidamente a quinta. Notouse a súa ausencia. 

Tampouco funcionou o xogo exterior. Nin Sara Gómez, nin Jo Hill nin Leslie Ardon estiveron acertadas no lanzamento, acreditando o equipo un  pobre 10% de acerto nos tiros de tres. Pese a derrota, a desvantaxe de catro puntos é mínima e a eliminatoria está aberta. Mañá repetirá en Liga ante o Gran Canaria, tamén en Fontecarmoa e ás 19:30.

Por outra banda, lembrar que o Inelga enfróntase o domingo ás 12 da mañá ó Rinhos Xiria en partido de Liga EBA e en Primeira Autonómica, o Establecimientos Otero recibe ó Obradoiro Óptica Val de Santiago, mañá ás 19 horas.

{flowplayer}images/salnes/baloncesto110108.flv{/flowplayer}

Redacción Salnés