Alumnos dos obradoiros de verán aprenden sobre Ribeira

    RIBEIRA> Os nenos e nenas participantes nos obradoiros de conciliación Xoga con Nós e Verán Rechinán, pertencentes á programación do Verán Cultural de Ribeira, levaron a cabo unha ampla gama de actividades enfocadas a adquirir coñecementos sobre o municipio e o seu patrimonio cultural. Ó longo da semana, os alumnos inscritos no obradoiro Xoga con Nós fixeron un mural sobre Ribeira, realizaron maquetas dos montes e procederon á creación dunha dorna típica. Por outro lado, os integrantes do Verán Rechinán elaboraron unha maqueta sobre o Dolmen de Axeitos. O mundo mariño foi outro dos aspectos nos que se centraron ambos obradoiros. Ademais de crear diversos murais, os pequenos realizaron xogos onde se promove a pesca tradicional e responsable.