A vivenda familiar da moza, Marisol Martínez Rama, na zona dos Mosqueiros, atopábase esta mañá pechada a cal e canto. Non había rastro nela nin de súa nai, nin de ningún dos outros dous irmáns, que ó parecer se desprazaron ata a localidade portuguesa de Aveiro, onde apareceu o cadáver, para tomar parte nos labores de identificación e trasladar as súas cinsas. A información sobre o que puido acontecerlle á moza e todo unha incógnita, e a policía lusa garda con receo calquera dato que puidera desviar a investigación, sen descartar ningunha hipótese. As investigación tratan agora de localizar e identificar as últimas persoas que estiveron con ela ou que puideron ver á moza con vida.O que si comentaron algúns veciños, que se negaron a facer declaracións á cámara, é que a morte da rapaza xa se produciu a pasada fin de semana, aínda que as novas sobre o acontecido non transcenderon. Que levaba tempo sen acudir a Ribeira e que descoñecían as razóns polas que se atopaba en Portugal, ben por traballo ou ben para asistir a un concerto. Segundo recolle a edición de hoxe La Voz de Galicia o corpo sen vida de Marisol foi descuberto no medio dunha matogueira xunto a unhas pistas de tenis por uns usuarios desta instalación deportiva que a atoparon espida con signos evidentes de ter sufrido importantes queimaduras no seu corpo. A policía lusa está a espera tamén dos datos da autopsia para tratar de esclarecer este tráxico suceso que conmocionou a tranquila parroquia ribeirense de Castiñeiras.
Inicio Barbanza - Muros - Noia










