RIBEIRA> A coñecida firma de hamburguesas McDonald’s iniciou xa as obras de construción das súas novas instalacións en Ribeira onde prevé abrir un restuarante. Emprazarase nunha parcela situada a carón da rotonda do final da Autovía, en Xarás, no que xerarían ó redor de 40 postos de traballo.
Os terreos nos que leva a cabo a construción do restaurante desta cadea está situada nunha parcela da leira da Soledad.
Segundo informaron fontes da propia firma a superficie do edificio construído roldará os 300 metros cadrados, cun salón con capacidade para medio centenar de persoas.
Está previsto que dispoña tamén dunha terraza e un amplo aparcamento, así como dunha zona de xogos para os máis pequenos.
As previsións que manexa a compañía pasan por poder abrir as instalacións a partir deste próximo Nadal.