Escolares de Ribeira participan no programa ‘Capitán Mareas’ de Vegalsa-Eroski

RIBEIRA> Cunha visita primeiro á lonxa, e que continuou posteriormente no mercado municipal coa realización dun xogo educativo no que aprenderon sobre alimentación saudable e a participación nun showcooking, escolares de Ribeira  tomaron parte esta mañá no programa ‘Capìtán Mareas’, impulsado polo grupo Vegalsa-Eroski para promover o consumo de produto do mar entre a poboación infantil.

Ó taller asistiron tamén diversas autoridades locais, entre as que se atopaban varios patróns maiores, e representantes do Concello e das confrarías da zona, así como tamén o propio conselleiro do Mar, Alfonso Villares.

Na súa intervención destacou a importancia deste tipo de iniciativas.

O proxecto ‘Capitán Mareas’, impulsado por Vegalsa-Eroski,   continuará ó longo deste mes de maio por diferentes localidades galegas e asturianas.

despois de Burela, Laxe, Ferrol e Ribeira, seguiranlle nas próximas semanas municipios coma Fene, Sada, Baiona, Fisterra e Puerto de Vega.