O concello noiés deseñou un amplo programa para o San Bartolomeu

    NOIA> O cartel das festas este ano inclúe actividades para satisfacer os gustos de todo tipo de públicos, dende pequenos a maiores. O concello noiés presentou a programación das festas do San Bartolomeu, que un ano máis teñen de novo unha finalidade clara, satisfacer os gustos de veciños e visitantes, sexa cal sexa a súa idade. No cartel inclúense numerosas actividades, tanto deportivas coma culturais, sen esquecer a música, un dos principais atractivos do cartel, coas actuacións de balde de recoñecidos artistas como é o caso de Loquillo ou Xoel López, entre outros. O pregoeiro deste ano será o actor, Javier Rey, natural da vila, protagonista en varias series nacionais, como é o caso de ‘Galerías Velvet’. O humorista Carlos Blanco, será o encargado de poñer o broche de ouro ós festexos deste ano, xusto despois da sesión de fogos artificiaIs, que virá cargada de grandes novidades. Dende o concello noiés destacaron tamén o cartel das festas realizado polo artista local, Eduardo Hermo.