A final da Copa Galicia de Baloncesto desputarase en Noia esta fin de semana

    NOIA> Noia albergará este próximo domingo a final da trixésimo primeira edición da Copa Galicia de Baloncesto masculino. O Río Natura Monbus Obradoiro e xa finalista, agardando rival da semifinal que se disputará na xornada do sábado e que enfrontará ó Leyma Basket Coruña e o Ourense Provincia Termal. O pavillón Rosalía de Castro será sede este próximo domingo da 31 edición da Copa Galicia de baloncesto masculino. O encontro disputarase o domingo, a partir das sete e media. O Río Natura Monbus Obradoiro e xa finalista. O seu rival sairá dun enfrontamento previo que disputarán o sa´bado ás oito e media o Leyma Basket Coruña e o Ourense Provincia Termal. A cita, que foi presentada este mediodía no concello noiés, está organizada polo Club Baloncesto Noia, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto. Dende o concello noiés tamén agradeceron o feito de poder acoller esta final, que de seguro terá unha gran repercusión na vila, onde existe unha gran afección por este deporte. A cita deportiva terá ademais un marcado carácter solidario, xa que toda a recadación irá destinada á Asociación Galega de Heteroplasia Progresiva de recente creación para a súa loita contra esta enfermidade das denominadas raras.