PORTO DO SON> O presidente da Deputación da Coruña desprazouse ata Portosín para supervisar os traballos de remodelación da praza do Curro. Durante a visita, na que estivo acompañado polo alcalde, dou conta ademais doutras actuacións que está a acometer a administración provincial no concello sonense como a peonalización da contorna do concello ou o acondicionamento dos accesos á futura gardería. Os veciños de Portosín disporán a partir deste verán dun novo espazo de lecer no centro do pobo. A actuación de remodelación da praza do curro, que estará finalizada no mes de xuño, suporá un antes e un despois na fachada marítima de Portosín dotándoa dun espazo peonil para encontro da veciñanza. Procederase tamén ó soterramento do cableado e á instalación dunha rede separativa de saneamento e abastecemento. Esta actuación vense sumar á longa listas de proxectos conxuntos que están a acometer a Deputación e o concello. Entre outros, destacan a peonalización do casco urbano para recuperar a antiga alameda de Porto do Son, a posta en valor do castro de Baroña, o acondicionamento dos accesos e dotación de mobiliario da futura escola infantil e os numerosos investimentos en saneamento. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/21/presidentedeputacionvisitaobrasprazacurro2101151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/01xaneiro/21/presidentedeputacionvisitaobrasprazacurro210115.mp4{/flowplayer}
Inicio Barbanza - Muros - Noia