A Marea de Noia pide explicacións pola EDAR de Pontenafonso

NOIA> Dende a Marea sinalan que leva dous anos rematada e aínda non se puxo en funcionamento. Entenden ademais que se trata dunha obra mal executada por parte do goberno municipal e nun Concello que vive directamente do mar, estas prácticas non se deberían permitir.

Por esta razón teñen intención tamén de trasladarlle este asunto a Augas de Galicia e a Deputación da Coruña, entidade esta última que financiou a obra, para que se poña en funcionamento dunha vez por todas.

Dende a formación denunciaron tamén o mal estado no que se atopa a área recreativa alí emprazada debido precisamente as obras de construción da EDAR, polo que lle pedirán ó Concello tamén o seu arranxo inmediato.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí