As prazas de abastos do Barbanza seguen incumprindo a normativa de etiquetado

    BARBANZA > O Director da Escola de Consumo de Boiro, Juan Carlos Ulla, vén de denunciar o incumprimento da normativa sobre o etiquetado de peixes e mariscos nas prazas de abastos barbanzás, unha práctica que segundo comentou é habitual na maioría dos mercados da comunidade galega.

    O etiquetado de peixes e mariscos que se venden tanto nos establecementos comercias como nas prazas de abastos é unha norma de obrigatorio cumprimento para os vendores. Que se creou co obxectivo de aumenta-la transparencia do mercado. Do que se trata é de informar ó consumidor das características e prezo do produto que merca, garantindo tamén a súa calidade, orixe e frescura. O que ocorre é que esta normativa se incumpre con frecuencia, sobre todo nos mercados e prazas nos que se vende peixe fresco.

    Esta maneira de comercializa-los produtos do mar sen identificar pode propiciar abusos por parte dos vendedores, feito que crea desconfianza nos consumidores polo medo a ser enganados.

    Segundo comentou o Director da Escola de Consumo de Boiro, son as administracións públicas, tanto locais como autonómica e central, as que deben vixiar o cumprimento de dita normativa, aínda que o propio comprador tamén debe exerce-los seus dereitos esixindo ós vendedores que os produtos que merca estén etiquetados ou cursando unha reclamación nas oficinas de atención ó consumidor.

    Redacción Barbanza