O Xulgado de Ribeira suspende o desafiuzamento dunha vivenda en Boiro

BOIRO> Segundo informou a Plataforma Stop Desafiuzamentos Barbanza a paralización  foi posible grazas á súa intermediación, así como tamén a axuda de Cáritas de Boiro e o departamento de Servizos Sociais deste municipio.

A Plataforma Stop Desafiuzamentos Barbanza vén de mostrar a súa satisfacción pola decisión do Xulgado Número 2 de Ribeira de suspender a toma de posesión dunha vivenda dunha familia de Boiro, que estaba prevista para o próximo día 15 deste mes de novembro. Ó parecer a intermediación da propia plataforma, así como tamén a axuda de Cáritas de Boiro e o departamento de Servizos Sociais deste municipio, posibilitou chegar a un acordo con entidade financieira.

Ó parecer, os afectados permutaran no ano 2003 unha finca da súa propiedade cunha coñecida promotora comarcal, a cambio dunha vivenda. Sen embargo a promotora no cumpriu cos seus compromisos crediticios e o banco iniciou unha execución hipotecaria sobre os bens afectados, que incluían tamén a vivenda desta familia.

O acordo coa entidade financieira, coa que están negociando a posibilidade de que se lle conceda un alugueiro social  permitiralle poder seguir dispoñendo da súa residencia.