MUROS> Foron os dous puntos de maior interese nunha sesión na que tamén se debateu a modificación de varios artigos dos estatutos da Mancomunidade de Concellos Serra do Barbanza e da Mancomunidade de Auga de Muros e Carnota. O goberno muradán sacou adiante no pleno de onte a ordenanza reguladora de actividades. Segundo explicou a propia alcaldesa, Caridad González, no transcurso da sesión, a proposta perseguía a súa adaptación á nova lei de emprendedores que vén de aprobar a Xunta de Galicia. Segundo ela o concello de Muros é un dos municipios pioneiros en realizar este trámite. A súa aprobación producíase ademais despois dunha xunta de portavoces, na que tamén tomaron parte os asesores urbanísticos municipais, durante a cal se deron todo tipo de detalles e contidos da nova ordenanza. O executivo muradán tamén aprobaba a ordenanza que regula a instalación de terrazas en espazos públicos. No pleno deuse conta tamén de varias renuncias de membros das listas do partido popular que non desexan formar parte da corporación municipal, polo que se segue á espera de poder completar este grupo.
Inicio Barbanza - Muros - Noia









