Barbanza sortea a crise con mellores cifras que a media nacional

    estudocamaracomercio_100_290409.jpgBOIRO> A Cámara de Comercio de Santiago presentou un estudo realizado na comarca do Barbanza para coñecer o índice de confianza empresarial.

    {flowplayer}barbanza/estudocamaracomercio.flv{/flowplayer}

    As conclusións deste estudo extráense das enquisas realizadas a 324 empresas dos concellos de Ribeira, Pobra, Boiro, Rianxo e Porto do Son co fin de coñecer a evolución da economía no Barbanza durante o primeiro trimestre do ano.

    Constátase unha importante diminución da cifra de negocios aínda que se manteñen as porcentaxes en relación ó número de traballadores, prezos de venda e exportacións.

    Por riba da media

    Estes datos arroxan un índice de situación negativo, do –22’5 por cento aínda que non tan baixo como a media nacional que se situa nun –35 por cento, motivado fundamentalmente pola debilidade da demanda.

    Ademais, o empresariado do Barbanza agarda unha mellora da actividade para o segundo trimestre do ano, especialmente no sector hostaleiro, o que fai subir o seu índice de expectativas ata un valor positivo, o 0’5 por centro fronte ó –16’4 por cento que reflexa a media nacional. O indicador de confianza empresarial no Barbanza situase en –11 puntos, un valor claramente negativo, pero aínda lonxe dos –27’6 puntos que reflexa o pesimista dato nacional.

    Datos fiables

    Tras este primeiro estudo, está previsto seguir realizando enquisas para publicar os seus resultados con carácter trimestral. Para a próxima, tentarase ampliar a mostra para obter datos máis fiables. 

    Na realización do estudo colaboraron os cinco concellos así como as distintas asociacións de empresarios, a patronal da construción e a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte.

    Redacción Barbanza