Romero asume as áreas de Mar e Asuntos Mariños na nova executiva do PSdeG

BARBANZA> A comarca do Barbanza gaña peso na nova executiva do PSdeG-PSOE que se deu a coñecer este pasado domingo. No novo organigrama do partido, á fronte do que estará coma Secretario Xeral, José Ramón Gómez Besteiro, aparece o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, que se encargará das áreas de Mar e Asuntos Mariños.

Romero di asumir o cargo con enorme ilusión, pero tamén con moita responsabilidade.

Xunto a el, formará parte tamén da nova executiva do PSdeG, a tenente de alcalde de Carnota, Mercedes Noceda, que asumirá a secretaría da executiva provincial.

Coa elección dos dous o Barbanza terá máis peso nas decisións do partido.