NOIA> O Conservatorio de Música Felipe Paz Carbajal de Noia encara o final de curso co seu tradicional Xuño Musical. O ciclo de concertos amplíase este ano con actuacións nos concellos de Porto do Son e Outes.
Este venres arrancan os concertos do Xuño Musical co que o conservatorio de Noia pon o mellor broche a este curso. Os alumnos de grao elemental serán os encargados de inaugurar o ciclo que terá lugar tódolos venres no Coliseo Noela a partir das oito e media.
A principal novidade deste ano é que este concerto de orquestra, banda e coro traspasará fronteiras con actuacións tamén en Porto do Son e Outes nas que colaboran alumnos das escolas de música destes concellos.
O peche do Xuño Musical terá lugar o venres día 30 cun gran concerto final ó aire libre na rúa do Curro.