A Pobra acollerá o II Concerto de Bandas de Música

    POBRA> Este acto poñerá o broche final ó calendario de actividades dos meses de verán.

    O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, e a concelleira de Cultura, Encarnación González, presentaron hoxe no Concello, o II Concerto de Bandas de Música que se vai desenvolver na praza Alcalde Segundo Durán. Están previstas as actuacións das bandas de Bandeira e Arca, ademais da intervención da banda anfitrioa. O evento celebrarase o sábado 30, ás 21 horas. A concelleira de Cultura expresou o seu desexo de continuar con esta iniciativa en anos sucesivos. Ademais, admirou a traxectoria da escola de música municipal.O goberno local convida a toda a veciñanza a gozar deste espectáculo. Unha forma inmellorable de despedir a temporada estival. Os amantes das bandas de música non teñen que esperar ata o día 30 para deleitarse con traballados repertorios musicais. Mañá ás 21:30 horas, a praza Virxe da Guadalupe de Rianxo acollerá a clausura do X Ciclo de Bandas.