Ribeira disporá dunha moto acuática para emerxencias en zonas costeiras

RIBEIRA> O Vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega esta mañá dun total de tres motos acuáticas para atender as emerxencias que se produzan nas zonas costeiras dos concellos de Ribeira, A Garda e Arteixo. os tres vehículos entregados súmanse ás seis xa concedidas o pasado ano a outros tantos municipios, entre os que se atopaban os de Sanxenxo e Muros.

Ribeira será un dos tres concellos que se beneficiará desta nova entrega de Vicepresidencia da Xunta. Trátase dunha moto acuática con remolque que permitirá ós servizos de emerxencias reforzar o seu equipamento de rescate. Segundo explicou o titular deste departamento, Alfonso Rueda, a medida permite continuar coa folla de ruta iniciada pola Xunta hai uns anos de cara a mellorar a resposta ante as emerxencias en calquera punto da comunidade.

Ademais do de Ribeira, fíxose tamén efectiva a entrega da moto acuática ós concellos de Arteixo e A Garda.